martes, 22 de mayo de 2007

Anuncio do Renault Megane GT

Ben é certo que en España temos a sorte de desfrutar dunha publicidade imaxinativa e orixinal comparándonos a outros. E a veces ata hai que aplaudir ante unha mostra de inxenio e frescura coma ésta: o novo anuncio do Renault Megane GT, empregando un tema orixinal de Limahl, que formaba parte da banda sonora da película A Historia Interminable.
A desfrutalo.

Etiquetas: , , ,

jueves, 17 de mayo de 2007

Trailer de Transformers

A nova película de Michael Bay (Pearl Harbor, A Illa) publica un novo trailer na rede. Da popular serie de animación de Hasbro, emitida orixinalmente entre 1984 e 1987, surxe esta adaptación que conta no seu reparto con caras coñecidas coma Josh Duhamel (da serie de TV As Vegas) ou Jon Voight. Entre as voces dos robots, atópanse a de Hugo Weaving (The Matrix, O Señor Dos Aneis).
A estrea está prevista para o 4 de xullo.

Etiquetas: ,

domingo, 13 de mayo de 2007

Serbia gaña Eurovisión 2007

Serbia resultou a gañadora da 52ª edición do Festival de Eurovisión, celebrada a pasada noite do sábado 12 de maio en Helsinki (Finlandia).

O tema gañador, Molitva (Oración), foi interpretado en serbio pola artista Šerifoviæ -de 22 anos- e acadou 268 puntos. En segundo e terceiro lugar quedaron, respectivamente, Ucrania e Rusia.

España participou co grupo D'Nash e o seu tema I Love You Mi Vida, conseguindo, sorprendentemente -porque sorprende que obtivese tantos puntos semellante despropósito, a verdade- 43 puntos, acadando a 20ª posición, só por diante de Lituania, Francia, Reino Unido e Irlanda.

Pódese culpar en parte ó sistema de votacións que permite que os países do Este se realimenten con votos, pero non hai que ser un experto musical para afirmar que, con cancións tan simplonas, non se vai a ningún lado. Boto de menos os xurados con algo de idea, as orquestracións en vivo en cada actuación, os escenarios espectaculares e a diversidade de linguas no festival.

Etiquetas: , ,

viernes, 11 de mayo de 2007

Iron Man: primeiras imaxes

Xa circulan pola rede as primeiras imaxes da nova adaptación dun heroe da Marvel ó cine: Iron Man. As imaxes corresponden ó espectacular traxe, bastante fiel ó do comic, creado polo gañador dun Oscar por Efectos Especiais Stan Winston (Depredador, Terminator 2). Jon Favreau dirixe o filme, que contará con Robert Downey Jr. coma o millonario Tony Stark que se converterá no home de ferro, e Gywneth Paltrow coma Virginia 'Pepper' Potts. O malo malísimo da entrega terá a faciana de Jeff Bridges. A estrea está prevista para mediados de 2008.

A web oficial

Etiquetas: ,